Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

TEATRO DA VILA REPRESENTARÁ O SÁBADO 10 A OBRA “AS CORES DO TEMPO” NA CASA DA CULTURA DE NEDA

Neda, 9 de Novembro de 2018.- O ciclo Tempo para o Teatro chega esta semana a súa cuarta función coa representación da obra “As cores do tempo” a cargo de Teatro da Vila, un grupo de actores non profesionais da vila de Cedeira. Será mañá sábado, día 10, na Casa da Cultura, a partir das 20.30 horas. O prezo da entrada é de 2 euros a de adultos e un a infantil.
“As cores do tempo” é unha obra escrita por Quique Vázquez, na que participan, Mercedes Díaz, Josefa Nebril, Fina Nebril, Belarmino Cheda, Elvíra Díaz, Estrella Leonardo, o mesmo Quique Vázquez e Lourdes Pérez a cargo das luces e o son.
“Nunha residencia de maiores crúzanse as vidas de Remedios e o seu fútbol, de Lines, Paco e Maribel Verdú, de Maruxa e a súa rabia, de Carmiña e Manoel, sempre Manoel…, dunha enfermeira e un enfermeiro. Vidas como as de calquera, cheas de amores que foron, son e serán, e dos que non chegaron a ser…; dos soños que non se cumpriron e dos que se transformaron en pesadelos”.
Esta programación teatral rematará o día 16 deste mes coa obra “As fillas bravas” da compa- ñía Chévere.