Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

UN CENTO DE PERSOAS TOMARÁN PARTE NA PRIMEIRA ANDAINA TURÍSTICA ORGANIZADA POLO CONCELLO DE NEDA

Neda, 11 de Xaneiro de 2019.- Arredor dun cento de persoas tomarán parte o próximo domingo (día 13) na primeira Andaina Turística organizada polo Concello para dar a coñecer os recursos naturais do municipio entre a veciñanza e mesmo xente doutros lugares da comarca. Esta primeira saída levará aos participantes ata o Coto de Ancos.

A ruta deste domingo, primeira das catro que se levarán a cabo ata o próximo mes de febreiro, dará comezo ás dez da mañá e terá como referencia o albergue de peregrinos tanto á hora de marchar como á de finalizar.

Estas convocatorias terán continuidade os días 27 de xaneiro e 10 e 24 de febreiro con saídas polas parroquias de Anca e Santa María e polos lugares do Roxal, Miradoiro de Viladonelle, Curuxeira e Rabadeña.

A participación é gratuíta e, segundo se pon de manifesto desde o Concello, xa hai xente apuntada para tomar parte nas próximas citas.