Radius: Off
Radius:
km Radio de xeolocalización
Atopar

UN PROXECTO VALORADO EN 600.000 EUROS DEIXARÁ LIBRE DE VERTEDURAS A FACHADA MARÍTIMA DE NEDA, ENTRE SANTA MARÍA E XUVIA

Neda, 7 de Maio de 2018.- Augas de Galicia executará este ano o proxecto que deixará libre de verteduras o tramo da ría entre Santa María e Xuvia. É o compromiso asumido polo director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, co Concello de Neda, a través do encontro que hai uns días levou ao alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, a viaxar a Santiago. O proxecto a executar contempla a recollida e canalización das augas negras ata a planta de tratamento situada na zona de San Nicolás. Alvariño Saavedra valorou a colaboración da Xunta para poñer fin ás verteduras que a día de hoxe teñen lugar nunha das zonas máis densamente poboadas de toda a fachada marítima do municipio, polo que considerou que “Neda este ano dará un salto cualitativo con respecto a unha mellora moi substancial no tema do saneamento”.
O alcalde tamén apuntou que este proxecto, do ano 2011, vén a completar o xa acometido na ribeira de San Nicolás e o que o Concello tamén prevé executar este ano coa axuda da Deputación na zona do Puntal. Este último está valorado en 100.000 euros. Alvariño informou así mesmo de que a Xunta acaba de recibir a obra de amplición da EDAR, polo que tamén se garante a capacidade de tratamento da planta, e adiantou que a modernación das canalizacións, algunhas con máis de 30 anos en funcionamento, e a posta en funcionamento do servizo de alcantarillado nalgunhas zonas do municipio seguen a ser dúas das materias pendentes que o goberno local tratará de acometer no menor espazo de tempo posible.